fbpx

Home

Novas

Non hai comentarios Uncategorized

Os compas de Dios Ke Te Crew convídannos a reflexionar sobre o noso futuro como sociedade en “Reinicio”, tema do seu último disco “O ciclo da serpe”.

Nel aluden á natureza cíclica das cousas, en lugar do crecemento exponencial do sistema capitalista, e apelan a un cambio para continuar. Algo que pasou de ser unha utopía factible, a converterse nunha total necesidade en momentos como os que estamos a vivir.

“o capitalismo está condenado a devorarse a si mesmo”

Dios Ke Te Crew

Tomamos a súa palabra: “o capitalismo está condenado a devorarse a si mesmo. Un sistema baseado na propiedade privada dos medios de produción, na obtención a toda costa dun beneficio ou plusvalía e no crecemento exponencial dun mercado-sociedade para incrementar os mesmos está destinado a fracasar unha e outra vez, levándose consigo aos obreiros que o sustentan; á natureza; ó planeta. Cremos que outro modelo é posible. Cremos que é primodial dar un paso adiante para avanzar cara atrás.

O recaudado pola canción en youtube e nas diversas plataformas de streaming será doado á plataforma cidadá en defensa do medio natural e do ben común REDE COMPOSTELA ULLA-TAMBRE para aportar o un pequeno grao de area ás loitas pola defensa dos territorios e as súas comunidades que están a levar a cabo.

Hoxe, máis que nunca, o decrecemento é o único futuro…

AUGA, AIRE E TERRA LIMPAS!

HAI QUE DAR UN PASO ADIANTE PRA AVANZAR PRA ATRÁS!!

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *