fbpx

Home

Quen somos

Sons de Breogán é un proxecto cultural que se fai realidade a través dunha plataforma web. Sempre respectando e apoiando os nosos valores, baseados no feminismo, internacionalismo, loita LGTBI, e o antifascismo.

O noso obxectivo é crear un espazo cultural para dar a máxima difusión ao contido musical non comercial, tanto de grupos xa afianzados na contorna musical, como dos novos grupos e artistas que desexan chegar a novos públicos.

Sons de Breogán naceu fai uns anos como un traballo de fin de grao de dúas estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, para dar a coñecer o circuíto da música non comercial galega.

Dende algo máis dun ano convertémonos nunha plataforma de difusión e servizos para as artistas e grupos da música non comercial, comezamos coa nosa tenda en liña con produtos propios e de grupos e artistas e a ter presenza en varios festivais.

Por último, tamén organizamos eventos musicais, o pasado ano con Pauliña + Satxa + Bastardos de Rivera, e o vindeiro 13 de marzo celebraremos a II Festa Sons de Breogán con Rebeliom do Inframundo + Cuarta Xusta + Samu Acaracán e Os Tintafemia.