Home

Novas

Revenidas, o mellor festival do país

Non hai comentarios Novas

Hoxe tócanos falar sobre unha das citas máis importantes do panorama musical galego e, para nós, o mellor festival do país.

Falamos do festival Revenidas que se celebra os días 17, 18 e 19 de agosto en Vilaxoán de Arousa. Dende fai 15 anos, o que comezou da man dunha asociación de rapaces de Vilaxoán que querían facer algunha actividade cultural na vila, converteuse nunha das datas máis agardadas no panorama musical galego.

Este ano o festival conta cun cartel moi amplo e diverso, onde podemos atopar artistas de variados estilos musicais.

Programación

O venres poderemos gozar con Soziedad Alkohólika, Ayax y Prok, The Real McKenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e Maria Turme DJ.

O sábado segue a festa con El Drogas, Tremenda Jauria, Steve’n’Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma e Isaac Peces DJ.
Para rematar o domingo e, por desgraza, o festival poderedes escoitar a Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià i El Cor de la Fera, High Paw e Elephants Yard, El Diluvi, Auxili, La Duendeneta e The Dawlins.Ademais dos concertos hai outras actividades como a sardiñada popular, que se celebra o sábado e que amenizarán coa súa música Os Terribles de Arousa, Olodum do Coio, Coro Encaixe e Galifunk Brass Band. 

Non todo son concertos

Tamén poderemos asistir a eventos como a Gala das Liberdades con artistas como Isabel Risco, Peter Punk, Vol Etemps, Piscore, Galifunk Brass Band.

Durante todo o festival poderemos desfrutar de gastronomía para todas grazas ás Food Trucks con opcións veganas, vexetas e para celíacas. Por outra parte, contaremos coa Feira Revenida, unha oportunidade para ver, mercar e coñecer produtos que non sempre teñen facilidade de acceso. Todo isto amenizado coa Zona Dub na Praia manexada por George Palmer, North Patrol Sound System, King Sativa Sound, Krak in Dub e United Dub of Galiza ft. Bennie Freeman.

E, como non, dispoñen tamén de zona de acampada para todas que abrirán o venres 17 ás 12h00 e pechará o luns 20 ás 16h00. Este ano contarán con dúas zonas: unha a 5 minutos a pé e outra algo máis lonxe, para a que haberá un bus. A continuación podedes ver o mapa do festival e ligazóns coa ubicación das zonas de acampada.

As que aínda non teñades entrada, estades a tempo de conseguila na propia páxina web do festival onde tamén podedes atopar toda a información precisa, así como na súa páxina de Facebook.

Vémonos en Vilaxoán!

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Etiquetas: , , , , , , ,