Home

Novas

Festival A Candeloria 2018

Non hai comentarios Novas

Hoxe tócanos falar sobre unha das citas máis importantes do panorama musical galego e para iso temos que ir até Lugo, porque chega o festival da Candeloria!
Dende hai 5 anos A Candeloria é para moitos o primeiro festival do ano, unha data máis
que agardada xa que non hai nada mellor que bailar para quitar o frío!

Un festival que celebra o seu quinto aniversario pero que dende a primeira edición veu
pisando forte e apostando pola música e a cultura galega e non hai mellor proba disto que o propio cartaz do festival onde a metade dos grupos que participan nesta edición son da terriña: Arremecaghona Monobanda, As Punkiereteiras, Agoraphobia, True Mountains, Habelas Hainas, Machina, Ses, Aphonic e Bala.

Ademais das galegas chegan moitas outras bandas ben interesantes dende todos os
recunchos: os británicos GBH co seu hardcore-punk, os suecos Satanic Sufers, os
emblemáticos Narco dende Sevilla, os cataláns CRIM ou os Desakato que veñen dende a
veciña Asturies.

O festival celebrase os días 22, 23 e 24 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de
Lugo, pero comeza quentando motores este xoves 16 no Club Clavicémbalo, un dos locais máis emblemáticos de Lugo, e o fai nada menos que con 3 grandes, que xa pisaran o escenario da Candeloria en edicións anteriores : Ruxe-Ruxe, Rebeliom do Inframundo e os lucenses Arrhytmia.

Nesta edición cabe destacar tamén a tan necesaria presenza de mulleres sobre o
escenario, sen dubida este compromiso coa igualdade é un grande acerto por parte da
organización do festival, traéndonos artistas femininas da talla de Ses, bandas formadas
integramente por mulleres coma Agoraphobia, Bala, As Punkiereiteiras ou Habelas Hainas e bandas con integrantes e voces femininas coma ás Huntza dende Euskal Herria, as valencianas Mafalda ou as tamén galegas O Puto Coro Do Exercito froilanista.


Ademais este ano inauguran un novo espazo de ocio no propio recinto, O galiñeiro, onde
poderemos desfrutar de gastronomía para todas con opcións veganas, vexetas e para
celíacas, ademais de obradoiros e artesanía, e todo isto amenizado con acústicos e
pinchadas. Por se fora pouco a entrada a este espazo é de balde!

Para as máis deportistas unha boa nova, este ano tamén imos ter o Aberto de Billarda A
Candeloria, será o sábado 24 ás 16.30 no parque próximos ao recinto, así que todas a
coller o pao e a adestrar.

As que aínda non teñades entrada, recordarvos que outro dos atractivos deste festival son os prezos adsequibles das mesmas, que podedes conseguir na propia paxina do festival: www.acandeloria.org onde tamén podedes atopar toda a información precisa, así coma na súa páxina de facebook: https://www.facebook.com/acandeloria/

Dispoñen tamén de zona de acampada a cuberto e calefacción, barras e postos de comida e Feira no propio recinto, é dicir todo o preciso para pasar unha fin de semana de medo.

Vémonos en Lugo!

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *