Home

Novas

Festival Noroeste: non perdas nada

Non hai comentarios Novas

Esta semana comeza o Festival Noroeste na Coruña e dende Sons de Breogán queremos facer unhas recomendacións que de seguro resultan interesantes. Segue lendo!

O Noroeste, a pesares de parecer que está enfocado a un público moi obxectivo, a realidade e que conta cun cartel moi amplo e diverso, onde podemos atopar artistas de variados estilos musicais.

Dende hai xa uns anos, o concello da Coruña aposta polos pequenos e xa afianzados grupos galegos de xénero non comercial para favorecer a súa difusión e promover a cultura.

Entre eles están as nosas recomendacións, que son as seguintes:

ROMANCE: Estes coruñeses, cuxa banda formouse a finais de 2015, transmiten coas súas letras unha actitude punk no escenario. Desfrutade deles o mércores, 9 de Agosto no Campo da Leña ás 20:15 horas.

HARAKIRI: Grupo coruñés de pop-rock que nace nos locais de ensaio e que van dando forma ao seu estilo nas diferentes salas da cidade. Tocarán o mércores, 9 de Agosto na Praza das Bárbaras ás 19:30 horas.

BALA: Dúo rock con influencias punk e hardcore. O seu primeiro disco foi todo un éxito chegando a esgotarse en 5 meses. Aterrizan no Festival Noroeste despois de xiras internacionais por Xapón e Australia e de encher locais en Londres ou Bristol. Non volo perdades o vindeiro xoves, 10 de Agosto na Praza José Sellier Loup ás 15:00 horas.

MIELITZA: As notas, letras e acordes deste grupo envólvennos a través de diversas imaxes paisaxísticas. O seu concerto será o xoves, 10 de Agosto na Casa Museo Casares Quiroga ás 19:15 horas.

MALANDRÓMEDA: Co humor galego como seña de identidade, este grupo de rap compostelán combina vangarda e costumismo en rimas de batalla e ritmos imaxinativos. Sábado, 12 de Agosto na Praza José Sellier Loup, ás 15:00 horas.

EAGER PLATYPUS: Actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao XIX Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. Trátase dunha banda de rock, con influencias clásicas e actuais, que nace a mediados de 2015. Pódese desfrutar dela o sábado, 12 de agosto na Praia de Riazor ás 20:00 horas.

PROYECTO MOUCHO: Este trío da Coruña versiona cancións de grupos tan dispares coma Mclan, The Black Keys, Kings of Leon ou Johnny Cash. Actuarán o domingo, 13 de Agosto no Parque do Paseo das Pontes ás 13:30 horas.

ISAAC PECES: Este DJ coruñés caracterízase pola súa elegancia nos diversos estilos de música que realiza: jazz, soul, funk, boogie, electrónica… Compón música realemnte bailable, polo que xa moitas radios emitiron as súas cancións. Pódese atopar o domingo, 13 de Agosto no Parque do Paseo das Pontes ás 13:00 horas e ata ás 21:30 horas.

E ata aquí as nosas recomendacións, se queredes ver o resto do programa do festival visitade a súa web: www.festivalnoroeste.com

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *