Home

Novas

Semana do 14 ao 20 de agosto, non sabes a que concertos asistir?

Non hai comentarios Novas

Estamos de cheo no verán e o bo tempo préstase a moitísimas ofertas musicais que non pintan nada mal. Despois do Festival Noroeste, celebrado na Coruña esta semana pasada, achegamos unhas recomendacións ampliando as fronteiras da provincia para que estedes ao tanto do que acontecerá en Galicia nos vindeiros días. Segue lendo!

O mes de agosto é o mes dos festivais por excelencia, e aquí comentamos algúns dos que non podes perder…

Outro ano máis, o Festival Revenidas vai en camiño de ser todo un éxito. Esta edición, que se celebrará os días 18, 19 e 20, conta cun cartel de ata 26 artistas da altura de Skindred, Bohemian Betyars, La Pegatina, Desakato, Dakidarría, Terbutalina, Vendetta, Bolboreta, De Vacas, Noite Fechada, Leo i Arremecághona e La Duendeneta, entre moitos outros.

Se che interesan os xéneros funk, fusion, latin, punk, rap, reggae ou ska, non o dudes e merca xa as entradas na súa página web http://www.revenidas.com/compra-entradas/

Tamén a finais desta semana terá lugar, os días 19 e 20, o Festival Irmandiño de Moeche. A manifestación artística deste festival é a música folk, pero tamén existe espazo para outras artes: teatro, artesanía, etnografía, pintura, artesanía, música coral…

Non podemos deixar de recomendalo, xa que un dos grupos que figura no cartel, Huntza, foi o grupo do que falamos na nosa sección Fóra das Fronteiras no primeiro programa de radio (Preme aquí: Escoitar programa, se non o escoitaches)

Durante esta semana tamén ten lugar o Festival Folc de Vilariño, onde se poderá desfrutar este sábado 19, o día forte do festival, do grupo The Skarnivals, que entrevistamos no Festival Ourenrock o pasado mes de xuño. O cartel tamén conta con artistas coma Che Sudaka ou Donicelas.

Por último, deixamos unha recomendación para os que non se queiran desprazar moito da cidade, falamos do Rock in Cambre. Este festival contará coa axuda do Concello, que habilitará un pabellón municipal para que os que queiran podan acampar durante os días que dura o festival, do 18 ao 20 de agosto. O festival contará coas actuación de Klonflikto, Nao, Lost Minnow ou Malasombra.

Aínda queda moito mes e moitos eventos que de seguro resultan interesantes, seguiremos informando!

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *