Home

Novas

Semana do 21 ao 27 de agosto: os mellores eventos para rematar o verán

Non hai comentarios Novas

Atopámonos xa a piques de rematar agosto pero a tempada de festivais e eventos musicais aínda non rematou. Esta semana dende Sons de Breogán achegamos unha serie de festivais dos que se poden desfrutar antes de que acabe o verán. Se non sabes que facer aínda nos vindeiros días, segue lendo!

O primeiro evento que recomendamos chega dende cerquiña da cidade da Coruña, no concello de Bergondo, que coma todos os anos dende principios de século celebra o seu Festival Folk de Guísamo o vindeiro 26 de agosto. Neste festival teñen cabida músicas tradicionais, folk, de raíces, fusión, etc… mesturadas con ocio, cultura e actividades lúdicas como xogos populares e infantís, obradoiros e espectáculos de maxia. Perfecto para pasar o día en familia. Este ano o cartel está liderado por Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre, Kepa Junkera & Sorginak e A Roda.

Adentrándonos na provincia de Pontevedra, non podemos deixar pasar por alto o sempre fantástico Festival Armadiña Rock de Combarro que se celebra os vindeiros 25, 26 e 27 de agosto. O cartel de este ano non ten ningún desperdicio grazas a artistas coma Herdeiros da Crus, Talco, Ruxe Ruxe, Def con Dos, Kitai ou Bala. Tamén os magníficos Dakidarria e Skarnivals, cos que falamos fai pouco. Preme aquí para desfrutar das entrevistas.

 

Sen saír de Pontevedra, preto do anterior festival, tedes por esas datas, 25 e 26 de agosto, o Festival Xironsa Corvillón de Cambados. O día 26, día forte do festival, asistirán artistas coma O Sonoro Maxín, Treixadura ou Leilia. Non o perdades!

Para rematar voltamos á casa para recomendarvos o Denome Rock que terá lugar o día 25 de agosto no Barrio de Novo Mesoiro. Este festival pertence ás festas de María Pita, organizado polo concello. Será de entrada gratuíta e contará coa actuación de 4 importantes bandas do panorama musical nacional: Hamlet, Ånima, Aphonnic e Catorce

Éstos son soamente algúns dos eventos desta semana, pero podedes consultar máis no noso apartado de axenda.

Compartir isto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *